Descripción

 O mero desenvolvemento de vida en calquera hábitat trae consigo a aparición duns produtos de desfeito que dalgún modo hanse de eliminar.

 

En épocas anteriores os produtos presentes na vida cotiá de calquera comunidade eran na súa case totalidade naturais, o que unido a que o número de membros da mesma era relativamente reducido, facía que o medio no que se desenvolvían tivese capacidade de absorción dos subproductos que desechaba a comunidade.

 

Hoxe en día co progreso tecnolóxico e a concentración da poboación excédese a capacidade de absorción do medio.

 

 Así pois, queda suficientemente xustificado o feito de que se ha de actuar de forma activa aplicando políticas de xestión dos subproductos da actividade humana. Dentro desta xestión tratarase tanto a recolleita dos residuos, utilizando para iso vehículos especiais, estacións de transferencia.., como o tratamento dos mesmos en instalacións especializadas mediante operacións como:

  • Incineración.
  • Compostaxe.
  • Reciclaxe.
  • Vertido controlado en zona preparada a tal efecto. 

Deste xeito conséguese o fin perseguido que non é outro que que reincorporar ao medio os subproductos da actividade humana de forma non traumática.

 

Para recuperar parte do valor potencial dos subproductos e abaratar os custos de reciclado, utilízanse técnicas que complementan aos métodos convencionais e que aportan, entre outras as seguintes vantaxes:

  • Recuperación de materia primas contidas nos RSU.
  • Minimización dos efectos contaminantes en auga, aire e chan.
  • Reutilización de materiais e valores contidos nos residuos.
  • Xeración de infraestructura industrial e comercial, postos de traballo.

O proceso de tratamento foise desarrollando ante a necesidade de atopar novas fontes de aproveitamento de materias primas contidas nos RSU. O principio de "o que se recupera non contamina", é a base do desarrollo do sistema de tratamento.

 

Lg. Fondal de Beade, S/N - 32431 - Beade - Ourense - Tel: 988 484 796 - Fax: 988 484 701 - info@ribeiro.org

AVISO LEGAL --  Mancomunidade de Concellos do Ribeiro
Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org