É importante facer observar cas unidades de protección civil e emerxencias, son de natureza técnica, quere isto dicir que non son unidades de intervención, como, por exemplo, os bombeiros, os servizos sanitarios ou as forzas e corpos de seguridade do Estado, senón que son unidades para o estudo de riscos, o apoio á planificación de emerxencias, e a coordinación dos recursos e servizos actuantes ante unha situación de emerxencia.
Dito de outra forma, son unidades pensadas para dirixir a xestión das situacións de emerxencia, facilitando á delegación do Goberno o mando integrado - mando único de coordinación - de tódolos servizos profesionais e voluntarios que sexa necesario movilizar para facer fronte á situación.
Ao ser unidades da Administración do Estado, a súa intervención na xestión de emerxencias atópase circunscrita, por definición legal, a aquelas situacións que sexan declaradas de interese xeral, para o cal debe de darse algún dos supostos recollidos na Norma Básica de Protección Civil:
Lg. Fondal de Beade, S/N - 32431 - Beade - Ourense - Tel: 988 484 796 - Fax: 988 484 701 - info@ribeiro.org