Descripción

O Servizo Social de Base da Mancomunidade do Ribeiro está constituido e distribuido en tódolos Concellos que a conforman, para garantir o inmediato acceso da poboación aos mesmos e a aplicación dos recursos máis axeitados. O conxunto conta cunha sede central nos Fondales de Beade, con visitas diarias por parte das Asistentas Sociais aos concellos mancomunados, dende onde se imparten as prestacións e se desenrolan os programas correspondentes. Está formado por Unidades de Traballo Social, Equipos Multiprofesionais, Dirección Técnica e Unidade Administrativa.

 

Dito Centro constitúe o primeiro nivel de atención social aos cidadáns e nel realízanse as seguintes prestacións:

  • Atención personalizada:
    • Información dos recursos sociais dispoñibles.
    • Valoración individualizada das situacións da/s persoa/s.
    • Orientación cara os medios máis axeitados as necesidades plantexadas.
    • Apoio e asesoramento para axudar á superación de problemas.
    • Tratamento psicosocial destinado á adquisición de habilidades que faciliten a integración social.
  • Xestión de axudas materiais:
    • Atención residencial e aloxamentos alternativos.
    • Axuda a Domicilio, que comprende unha serie de atencións de caracter doméstico, social, de apoio psicolóxico e rehabilitador, aos individuos ou familias que se atopen en situación de especial necesidade, para facilitar a autonomía persoal no medio habitual.
    • Axudas de emerxencia social cuia finalidade é a atención de situacións de urxente necesidade que transitoriamente poidan afectar a individuos ou familias.
  • Prevención da marxinación social e de situacións de risco, favorecendo a normalización de grupos con especiais problemas de integración, así como o fomento de salodariedade e a cooperación social.
  • Promoción social de individuos e grupos:
    • Medidas para a inserción no medio social.

Lg. Fondal de Beade, S/N - 32431 - Beade - Ourense - Tel: 988 484 796 - Fax: 988 484 701 - info@ribeiro.org

AVISO LEGAL --  Mancomunidade de Concellos do Ribeiro
Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org