Esta Escola Infantil defínese coma un equipamento diurno de carácter educativo e asistencial, dirixido a unha poboación de idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos. E ten como obxeto o desenvolvemento completo e integral dos/das nenos/as realizando ademais unha importante labor de apoio á función educativa da propia familia á vez que facilita que os pais poidan incorporarse ó mundo laboral.
Conta con 3 unidades:
O centro atópase na comarca do Ribeiro, ó Suroeste, no concello de Ribadavia, dentro dun complexo de edificios adicados á educación, cunha boa conexión, xa que conta con accesos á estrada N-525 Vigo-Ourense; e outra vía de acceso é a estrada comarcal Ribadavia-Carballiño. Pero ó mesmo tempo está lonxe da actividade industrial que que así conseguimos garantiza-la seguridade e a tranquilidade dos/as nenos/as.
O edificio que alberga a Escola Infantil da Mancomunidade do Ribeiro consta de 3 plantas, das cales só dúas (primeira e segunda) son empregadas por esta, unha vez adaptadas á normativa vixente.
Na primeira planta atópase un recibidor no que hai contraventas de acceso, cun distribuidor de planta primeira:
Na seguna planta atópase o distribuidor de dita planta na que hai dúas zonas:
Ademais do coidado e atención dos nenos/as este centro oferta servizo de comedor propio que inclúe a comida do meidodía e a merenda. Este servizo é prestado polo propio persoal do centro, que expón no centro e a disposición dos pais, unha relación semanal do menú que se ofertará a seguinte semana.
Ditos menús son adaptados ás idades dos nosos alumnos/as co fin de proporcionar unha dieta equilibrada.
Tamén oferta un horario amplo que consegue que o centro permaneza aberto 12 horas para así poder adaptarse ós horarios laborais diversos das familias.
Lg. Fondal de Beade, S/N - 32431 - Beade - Ourense - Tel: 988 484 796 - Fax: 988 484 701 - info@ribeiro.org